Cargando resultados...
Ángel Arcos: "Non é o debut soñado"
Estrea agridoce co primeiro equipo para o xogador do Rosal
Tivo a mellor ocasión do equipo na primeira metade, pero o seu disparo non colleu portería
@rccelta
G24.gal
27/11/2025 22:54
O canteirán Ángel Arcos estreouse co primeiro equipo e explicou as súas sensacións:
"Moi contento. É certo que non é o debut soñado. Na segunda parte tivemos as ocasións e na primeira saímos un pouco durmidos. Unha pena a ocasión que fallei".
"No descanso estiven bastante desbordado pola ocasión. Os compañeiros apoiáronme e dixéronme que estivera tranquilo que ía ter máis. Que na vida ía fallar moitas veces e que non comera tanto a cabeza".
"Nos primeiros minutos saímos relaxados. A partir do 3-0 o equipo sacou o orgullo por defender o escudo".