Cargando resultados...
Ancelotti estoupa: "A Liga ten un problema de racismo, e Vinicius é a vítima"
Ancelotti estoupa: "A Liga ten un problema de racismo, e Vinicius é a vítima"
G24.gal
21/05/2023 23:29
O acontecido con Vinicius en Mestalla foi a gota que rebordou o vaso para Carlo Ancelotti. "A Liga ten un problema de racismo, e Vinicius é a vítima". O adestrador recoñeceu que nunca vira un estadio enteiro proferir berros racistas contra un xogador.
A prensa valenciana enfrontouse con Ancelotti puntualizando que o que dicía mestalla era "tonto" e non a palabra "mono".
Vinicius tamén mandou unha mensaxe en redes sociais na que expresou: "O premio que os racistas gañaron foi a miña expulsión. Non é fútbol, é a Liga".
