Ana Pontón visita Inditex e pon o grupo como referencia na creación de emprego
Ana Pontón visita Inditex e pon o grupo como referencia na creación de emprego
A líder do BNG destacou a importancia de seguir potenciando o sector en Galicia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, visitou este martes as instalacións de Inditex no municipio coruñés de Arteixo.
Alí destacou "a importancia" de contar en Galicia "cunha empresa referente a nivel mundial" como a multinacional téxtil.
A líder nacionalista coñeceu a sede da compañía guiada polo conselleiro delegado de Inditex, Óscar García Maceiras, e acompañada por membros da formación frontista, como o portavoz na Coruña, Francisco Jorquera, e a deputada no Parlamento galego Mercedes Queixas.
Alí, Ana Pontón resaltou o peso no tecido económico galego de Inditex, de quen enxalzou a súa "capacidade de adaptarse aos novos retos que impón a globalización nun sector tan competitivo e fragmentado como o da moda, e todo sen renunciar ás súas orixes".
O Bloque apunta que Pontón intercambiou durante a visita "reflexións" sobre a sustentabilidade, a mobilidade das infraestruturas intermodais na loxística ou a formación.
Por último, a voceira nacional resaltou ou papel de Inditex como "referente" dun sector téxtil que ve necesario "seguir potenciando pola súa capacidade de xerar actividade económica e emprego".