Publicador de contidos
Publicador de contidos

O BNG preséntase como a "única garantía" de contar cun "escano galego" en Europa

O BNG preséntase como a "única garantía" de contar cun "escano galego" en Europa

A candidata da formación nacionalista, Ana Miranda, di que “se nós non estamos, hai moitos temas que non se defenderían no Parlamento europeo”

G24.gal 07/05/2024 14:51

A voceira nacional do BNG acompañou a cabeza de lista, Ana Miranda, canda os demais candidatos aos comicios ao Parlamento Europeo do próximo 9 de xuño.

Pontón asegurou que o BNG vai seguir sendo a voz que defende os intereses de Galicia en Bruxelas e pediu "máis apoio" para a candidatura nacionalista, posto que o voto ao seu proxecto supón "a única garantía" de contar cun "escano galego".

E Miranda, eurodeputada dende o 2009, prometeu "traballar arreo para que Galicia sexa escoitada. Para que a presenza do BNG no Parlamento Europea permita unha defensa directa dos intereses da nosa terra, do noso país, do noso mar, fronte a modelo neoliberal que non nos beneficia".

Miranda asegurou que ela terá a valentía suficiente para enfrontarse aos comisarios europeos que, lamentablemente, “non nos escoitan e van sen dúbida en contra dos intereses dos galegos”, dixo.

Por iso, volveu a pedir respaldo para a súa candidatura: “se nós non estamos, hai moitos temas que non se defenderían no Parlamento europeo”, concluíu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade