Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ana Peleteiro voa cara ao ouro no Europeo de Roma

Ana Peleteiro voa cara ao ouro no Europeo de Roma

No cuarto salto foise ata os 14,85 a mellor marca do ano e segunda mellor marca propia na carreira

Adrián Ben acabou de sexto na final dos 800 metros

G24.gal 09/06/2024 22:18 Última actualización 09/06/2024 22:37

Ana Peleteiro demostrou estar nun gran momento de forma. Nos Europeos de Roma acadou a medalla de ouro cun salto de 14.85, a mellor marca da temporada e segunda da súa carreira, só por detrás dos 14.87 que acadou nos Xogos Olímpicos de Toquio. 

A de Ribeira colocouse en cabeza no primeiro salto con 14.37 e mellorou ata os 14.46 no segundo. Xusto antes de saltar no terceiro apareceu a turca Danismaz para sorprender cun salto de 14.57 e relegala ata a segunda posición. 

Foi un espellismo. A mellor Ana Peleteiro volveu aparecer nas dificultades -como acontece habitualmente- e executou un cuarto salto que garantía o ouro europeo e marca terreo de cara aos Xogos Olímpicos de París, a cita na que quere sacar o mellor do seu repertorio para acadar a cima. 

Adrián Ben, sexto nos 800 metros

O viveirense Adrián Ben acabou no sexto posto nuns 800 metros de moito nivel. Ben tivo un incidente na primeira volta, pasou ás últimas prazas e na segunda non conseguiu facer a remonta. Por diante o francés Tual acadou a vitoria, co español Attaoui na segunda posición chegando desde atrás e o italiano Tecuceanu acabou como medalla de bronce. De Arriba, o terceiro español, tamén estivo a bo nivel cun cuarto posto. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar