Publicador de contidos

Publicador de contidos

Amordazan e atan de pés e mans unha xoiera de Boiro para atracala

Amordazan e atan de pés e mans unha xoiera de Boiro para atracala

Os atracadores marcharon con 3 bandexas de xoias de ouro, coa axuda dunha terceira persoa que agardaba na rúa

A propietaria da xoiería acudiu esta mañá ao negocio para recoller efectos e ratificar a denuncia no cuartel
G24.gal 03/03/2023 13:02

A Policía Xudicial da Garda Civil de Boiro investiga o atraco perpetrado onte á tarde a unha xoiería de Boiro, rexentada por unha señora maior. Unha parella entrou no negocio simulando ser clientes, amordazárona e atárona de pés e mans e leváronlle 3 bandexas de xoias de ouro. A muller precisou asistencia médica.

Co susto aínda no corpo esta mañá a propietaria da xoiería Sande achegábase polo negocio para recoller algún efecto persoal e ir ao cuartel da Garda Civil para ratificar a denuncia do atraco que sufriu onte á tarde. Visiblemente afectada non quixo facer declaracións. Dixo estar aínda en shock polo sucedido. Foi onte entre as 5 e as 6 da tarde, cando tras despachar a unha clienta, entrou a parella de asaltantes.

Os atracadores lograron marchar con 3 bandexas de xoias de ouro. Fuxiron coa axuda dunha terceira persoa que agardaba na rúa.

Segundo soubemos, a propietaria da xoiería puido ter recoñecido a un dos atracadores porque hai uns días visitara o negocio interesándose por alianzas de voda. A policía xudicial da Garda Civil de Noia investiga o atraco.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar