Cargando resultados...
Álvaro Rey reencóntrase con Borja Jimenez no Deportivo
G24.gal
05/01/2022 17:30
E o Deportivo acaba de pechar a súa primeira fichaxe do mercado de inverno.
Trátase do extremo dereito Alvaro Rey, de 32 anos, que adestrou hoxe cos seus novos compañeiros en Abegondo.
Procede do Bolívar, da liga boliviana, e probablemente o lembren do seu paso polo Rácing de Ferrol e por varios equipos da Segunda división española, entre eles o Mirandés, co que ascendera precisamente ás ordes do actual adestrador deportivista, Borja Jiménez.
#OSNOSOS | Álvaro Rey, novo xogador do #Dépor2122 https://t.co/3nEPLrDlTd Benvido @Alvaro16Rey! pic.twitter.com/Dqkdwy9a1t
— RC Deportivo (@RCDeportivo) January 5, 2022