Álvaro Núñez completa o seu primeiro adestramento co Celta
Núñez: "Falei con antigos compañeiros que estiveron aquí e dixéronme que é unha familia"
O extremo Álvaro Núñez, terceiro e última fichaxe do Celta neste mercado invernal, completou este mércores o seu primeiro adestramento como futbolista celeste na cidade deportiva Afouteza. Antes fixo as súas primeiras reflexións como xogador celeste.
"Falei con antigos compañeiros que estiveron aquí e dixéronme que é unha familia"
O exfutbolista do Elx, ao que o Celta pagou algo máis dun millón de euros polo seu traspaso, realizou traballo individual para acelerar a recuperación da lesión de pubalxia que vén arrastrando desde hai unhas semanas. Unha lesión que, salvo sorpresa, impediralle entrar na convocatoria de Claudio Giráldez para o partido deste venres contra Osasuna en Balaídos, onde podería estrearse como celeste o internacional uruguaio Matías Vecino, outro dos reforzos invernais do Celta.