Cargando resultados...
Álvaro Muñoz "Este ano temos que ir polo camiño da defensa"
O xogador obradoirista avalía a segunda vitoria da temporada
G24.gal
08/10/2022 20:50
Última actualización 08/10/2022 21:03
Nun gran partido defensivo dos de Moncho Fernández, o Obradoiro sumou ante Girona o segundo triunfo do curso baloncestístico. Alfonso Pardo conversou co capitán Álvaro Muñoz ao remate do encontro.
"Foi un encontro moi serio, sobre todo no aspecto defensivo. Creo que é polo camiño que temos que ir, limitar as canastras do rival. É verdade que na presión meteron canastras fáciles, pero estivemos ben na súa propia cancha".