Cargando resultados...
Francis Alonso participa na malleira de España sobre Ucraína nas fiestras FIBA (66-86)
O breoganista achegou 7 puntos no partido disputado en Letonia
O luns, as mesmas seleccións vólvense enfrontar en Oviedo
Foto: @CBBreogan
G24.gal
28/02/2026 11:17
No baloncesto non hai xornada de ACB esta fin de semana polo dobre compromiso da selección contra Ucraína. O primeiro partido, disputado en Letonia, deixou unha clara vitoria do equipo que adestra Chus Mateo.
Logo dunha primeira metade bastante igualada, o encontro resolveuse no terceiro cuarto. O traballo de Pierre Oriola, Ferrán Bassas ou Oriol Paulí déronlle unha renda de 18 puntos a España, que aínda aumentou ata o 66-86 final. O breoganista Francis Alonso achegou 7 puntos.
O luns, en Oviedo, segundo partido contra Ucraína.
Foto: EFE