Álvaro Fernández, reforza a porta do Dépor: "Non o pensei, quero axudar a lograr o ascenso"
O porteiro asina un contrato cos coruñeses ata 2027
Presentouse ante os medios o primeiro reforzo do Deportivo no mercado invernal. O porteiro. Álvaro Fernández, meta que xa se relacionou cos coruñeses durante o mercado de verán, asina cos coruñeses ata 2027.
Os brancos e azuis fanse cun xogador que tentaron incorporar durante o mes de agosto. Tras a saída de Helton Leite, os coruñeses fixáronse no porteiro pero o alto prezo establecido polo Sevilla para permitir a súa saída acabou desbaratando a operación.
"Puiden vir no verán pero non houbo acordo co Sevilla. Agora non o pensei, quero axudar a lograr o ascenso"
Coa chegada de Álvaro Fernández, o Deportivo blinda a súa portería e faise cun porteiro con experiencia en Primeira División. Un seteiro que estaba próximo a estampar a súa firma co Racing de Santander.