Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alta ocupación nas casas de turismo rural galegas

Alta ocupación nas casas de turismo rural galegas

As máis demandadas son as casas preto da costa, a Ribeira Sacra ou o camiño de Santiago

 

G24.gal 18/08/2022 15:01 Última actualización 18/08/2022 15:20

Os que non foron previsores terán complicado atopar oco nalgunha casa rural estes días. A ocupación está aos topes, especialmente nas aldeas da Costa da Morte, as Rías Baixas, A Ribeira Sacra ou o Camiño de Santiago.

"Recuperouse a demanda do turismo rural, moi alta en xullo e agosto. Eu estou ao 100 % os dous meses e teño moitas reservas para setembro" explica Eduardo Brandariz, o propietario de Casa Brandariz, en Arzúa.

A proximidade ao Camiño fai que Eduardo teña moitos clientes estranxeiros, pero o perfil máis habitual é a dun turista nacional que atopa no rural galego todo o que precisa para desconectar. De feito moitos repiten cada ano.

Unhas visitas que neste verán non recibirán moitos aloxamentos próximos aos montes que arderon. Lamentan as cancelacións en zonas como O Courel, A Barbanza ou Arbo. Unha preocupación que se suma á dos efectos da inflación na economía dos negocios.

"Notamos que o cliente consome menos e nós como negocio notamos moitísimo a inflación porque os prezos e as marxes están dados a principios de ano, e non os cambiamos con todo o que subiu o resto", di Eduardo.

Malia estas preocupacións, falan dun moi bo verán para o sector e agardan que o interese dos visitantes se manteña os vindeiros meses con iniciativas como o Outono Gastronómico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade