Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alta demanda de billetes de tren para visitar Ourense en Semana Santa dende Madrid, Barcelona ou Alacant

Alta demanda de billetes de tren para visitar Ourense en Semana Santa dende Madrid, Barcelona ou Alacant

Quedan poucos billetes a Galicia en tren e a prezos altos

Estación de tren de Ourense con viaxeiros
G24.gal 25/03/2023 14:37 Última actualización 25/03/2023 15:18

Para aqueles que teñen previsto achegarse a Ourense en tren nos próximos días, vai ser tarefa complicada se non mercaron a súa viaxe con antelación. Para o vindeiro venres, as portas da semana santa, xa non hai billetes dende Madrid, Barcelona ou Alacante por exemplo. Algúns mesmo decidiron adiantar a súa viaxe.

"Non eliximos Semana Santa porque estaba cheo e viñemos antes".

Completos tamén os trens que chegan o sábado dende Barcelona ou Alacante, para entón xa só quedan asentos nun dos oito trens que chegan dende Madrid. E non está máis fácil a volta, todos os trens, agás un, colgan o cartel de completo.

"Eran cidades que antes estaban desconectadas e agora pola proximidade veñen moito máis a Ourense. Xa só o feito de ter que parar aquí co AVE, pois xa visitan a cidade", explica a guía turística Uxía Nóvoa.

"Somos de Alacante e viñemos no tren, no AVE, estiven buscando os billetes case dous meses antes para poder pillalos".

"Eu xa o tiña comprado dende hai moito, entón xa o tiña asegurado".

A escaseza de billetes súmanse tamén os prezos, que dependendo da data poden ser moi elevados.

"O tren era carísimo, para que teñas unha idea: imos ir a Barcelona no mes de maio, ida e volta, 24 euros o billete polo AVLO, pero o AVLO non chega a Ourense, o tren saíanos moito máis caro que toda a gasolina".

Con todo, os viaxeiros agradecen sobre todo poder aforrar tanto tempo na viaxe.

"Isto para nós é unha marabilla, porque en dúas horas presentámonos en Ourense".

"Moi ben, moi cómodo e moi ben".

Convén din, planificar a viaxe con tempo e non deixar a compra dos billetes para os últimos días.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar