Alonso volve subir ao podio en Australia nun final de carreira caótico
Alonso volve subir ao podio en Australia nun final de carreira caótico
A proba parou a dúas voltas para o final e na terceira saída desde a grella produciuse un accidente múltiple
A FIA viuse na obriga de respectar as posicións da volta anterior ao accidente agás na de Carlos Sainz, sancionado con cinco segundos e que baixou do 4º ao 12º posto
Fernando Alonso volveu a subir ao terceiro chanzo do podio no Grande Premio de Australia que tivo un desenlace caótico. Houbo que saír tres veces desde a grella de saída, a última cando só quedaban dúas voltas para o final. E nesa saída produciuse o caos cun accidente múltiple que obrigou a parar a proba e, logo dunha longa deliveración, a FIA decidiu dar validez á clasificación anterior ao accidente.
Verstappen, cun dominio asoballador, gañou a súa segunda carreira da temporada. Hamilton completou a mellor proba da temporada e acabou no segundo posto, xusto por diante dun Alonso que acada o terceiro podio da temporada noutras tantas probas.
Carlos Sainz tivo unha boa actuación, remontando desde a sexta ata a cuarta posición e pelexando con Fernando Alonso por un posto de privilexio. Na última saída levou por diante o piloto asturiano, unha manobra que non tería consecuencias pola posterior decisión dos comisarios para Alonso pero sí para Sainz que foi sancionado con cinco segundos e pasou da cuarta á duodécima praza.