Cargando resultados...
Alguén que respira! A poesía para Corpo Principal invade Compostela
Elisabeth Duval, Andrea Nunes Brións, Marga Tojo e Blanca Haddad participan no festival
Alguén que Respira! péchase o luns 21 de marzo en Compostela
G24.gal
18/03/2022 17:03
Xa está en marcha Alguén que respira. O Festival de Poesía para Corpo Principal inaugurouse a corazón aberto con Alejandro Palomas a semana pasada, pero continúa ata o luns 21 de marzo, Día da Poesía, cun manifesto de Antón Reixa e varios recitais e concertos. Eliximos algunhas das voces que participan na quinta edición do Festival en Compostela. Escoitamos tamén a Rodrigo Cuevas, que participa no festival este domingo a noite. Cuevas conta a historia de Rambal, o transformista de Cimavilla asasinado en 1976.