Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alfonso Villares: "As concesións estratéxicas nos peiraos poderán alongar a súa actividade 75 anos"

Alfonso Villares: "As concesións estratéxicas nos peiraos poderán alongar a súa actividade 75 anos"

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, confía en que para xaneiro se permitan modificacións nas concesións daquelas instalacións situadas en portos e portos deportivos

G24.gal 01/12/2024 09:30 Última actualización 30/11/2024 22:29

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, confía en que a partir de xaneiro se poidan aumentar entre 50 e 75 anos as concesións de instalacións que estean situadas ao pé dos peiraos e en portos deportivos.

Nunha entrevista na Radio Galega, Villares explica que a modificación de Lei de portos establece que se a concesión é estratéxica poderá seguir exercendo a súa actividade sen problema ata os 75 anos. Será unha medida que se inclúa nos vindeiros orzamentos da Xunta. O único requisito pra esas empresas será facer investimentos mínimos de cincocentos mil euros.

"Cremos que se trata dunha medida moi positiva para o sector porque vai ter seguridade xurídica e perspectivas de futuro, ao aumentar a vida útil das instalacións".

O conselleiro subliña que esta medida respecta as políticas medioambientais que veñen da Unión Europea.

"Galicia sempre foi referente no respecto ao medio ambiente, pero iso non debe frear o desenvolvemento industrial porque vai parello á creación de emprego".

Alfonso Villares tamén confía en que a partir de 2025 vaia adiante a lei de confrarías, o que mellorará a economía das confrarías galegas.

A norma vai posibilitar que as confrarías vendan os excedentes de marisco, sempre que non se supere os límites de cota.

"Demos un paso na regularización dos excedentes das confrarías. Ata o de agora non había unha medida clara e moitas estaba nunha situación irregular".

Coa vista posta nas novas negociacións de cotas de pesca en Bruxelas, a partir de decembro, o conselleiro espera que se teñan en conta o que dixeron os tribunais europeos: que á hora de negociar os TAC se teñan tamén en conta os criterios socioeconómicos dos territorios.

Baixada do IVE do peixe

O conselleiro do Mar recalcou que tanto a Xunta coma o sector levan tres anos pedindo a baixada do IVE do peixe para mellorar as vendas deste produto e aumentar o seu consumo.

"Achegámoslle ao Goberno estudos universitarios e económicos que afirman que unha baixada no IVE do peixe ía supoñer un maior crecemento económico e de creación de emprego, pero non nos tiveron en conta".

O conselleiro lembra que esta medida é algo que adoptaron hai tempo noutros países europeos e que resulta incomprensible que en España se obviara.

O Consellleiro do Mar, Alfonso Villares, entrevistado na Radio Galega O Consellleiro do Mar, Alfonso Villares, entrevistado na Radio Galega
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar