Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alfonso Rueda toma posesión este sábado como presidente da Xunta

Alfonso Rueda toma posesión este sábado como presidente da Xunta

Será nun acto solemne que se celebrará no Parlamento de Galicia

Á toma de posesión acudirá Feijóo, o seu predecesor no cargo e agora presidente do PP

Alfonso Rueda foi investido presidente polo Parlamento este xoves Alfonso Rueda foi investido presidente polo Parlamento este xoves
G24.gal 13/05/2022 19:06

Alfonso Rueda Valenzuela tomará posesión este sábado do seu novo cargo como presidente da Xunta de Galicia, nun acto solemne que se celebrará no Parlamento de Galicia, e estará arroupado polo seu xefe de filas nacional e predecesor no posto, Alberto Núñez Feijóo, e polo expresidente Mariano Rajoy.

A toma de posesión de Rueda servirá de posta de longo ao Parlamento, que congregará no Pazo do Hórreo máis de medio milleiro de persoas despois de dous anos en que os grandes actos estiveron limitados debido á pandemia sanitaria derivada da covid-19.

No acto, que está previsto que comece ás 12.00, participarán o presidente do Parlamento, Miguel Santalices, e a vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, como representante do Goberno central.  

Rueda contará tamén co apoio dos presidentes autonómicos de Madrid, Castela e León e Murcia. os populares Díaz Ayuso, Fernández Mañueco e López Miras, respectivamente. Ademais na toma de posesión tamén estarán presentes o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; ademais de representantes do resto de grupos parlamentarios, deputacións provinciais, o presidente do TSXG e o fiscal superior de Galicia; a Valedora do Pobo e os tres reitores das universidades galegas, entre outros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade