Cargando resultados...
Alfonso Rueda dá positivo en coronavirus
.png)
G24.gal
06/01/2022 16:34
O vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, deu positivo en Covid, segundo informa na súa conta de Twitter.
Fixen un test de antíxenos e resultou positivo. Atópome ben pero tocan uns días de illamento, teletraballo e paciencia… Ánimo a tod@s e a coidarse moito!💪🏻
— Alfonso Rueda (@ARueda68) January 6, 2022
É o segundo cargo do goberno autonómico que o comunica despois de que antes o fixese a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez.