Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alfonso Ozores: "A organización dun trofeo coma o Conde de Gondomar é moi complexa"

Alfonso Ozores: "A organización dun trofeo coma o Conde de Gondomar é moi complexa"

O xerente do Monte Real Club de Iates de Baiona conversou coa Radio Galega durante a primeira xornada da prestixiosa regata

G24.gal 24/07/2022 21:53

Corenta e sete anos de vida ten o Trofeo Conde de Gondomar, unha das competicións de vela máis prestixiosas do panorama nacional. No #GaliciaEnXogo conversaron con Alfonso Ozores, o xerente do club organizador.

"A organización dun Trofeo coma o Conde de Gondomar é moi complexa, vai máis alá dos propios días da competición, xa é cun mes de antelación. A competición vai ben. Este ano fixemos dous trofeos independentes, con competicións tanto domingo coma luns. A pandemia condicionou moito, aínda que conseguimos manter as competicións. Fomos afortunados, non tivemos contaxios. A regata está moi entretida entre os tres barcos puro sangre que están competindo neste Conde de Gondomar"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade