Álex Suárez está recuperado e poderá xogar o luns ante o Breogán
O Obradoiro e Gadis fixeron entrega ao Albergue Xoán XXIII de Santiago un total de 975 kg de alimentos
O Monbus Obradoiro e Supermercados Gadis fixeron entrega ao Albergue Xoán XXIII de Santiago un total de 975 kg de alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene grazas aos puntos anotados por ambos os conxuntos no Partido Solidario disputado o pasado 18 de decembro ante o Herda San Pablo Burgos.
Hoxe visitamos o Albergue Xoán XXIII para facer entrega dos 9️⃣7️⃣5️⃣ quilos de produtos conseguidos grazas ao Partido Solidario @gadis 💙
— OBRADOIRO CAB (@OBRADOIROCAB) December 28, 2021
Non faltaron á entrega os nosos xogadores @AlexSua33 e @FerZurbriggen 🤝https://t.co/TuHudRb7KV#SomosObra pic.twitter.com/TpIyXiECH3
Para o Monbus Obradoiro o seguinte partido será o duelo de rivalidade co Rio Breogán. Foi suspendido o encontro de Manresa.
Álex Suárez está de volta. Podería ser a novidade nese encontro. Foi positivo hai unhas semanas. O equipo anunciou nas últimas horas outro positivo. Nin Álex Suárez nin Zurbriggen teñen ese problema. Os dous apuntan ao Rio Breogán.
A. Suárez: "Xa vexo a luz no final do túnel".
Fernando Zurbriggen: "Será un partido disputado porque eles están a un gran nivel. É importante xogar en Sar".