Publicador de contidos

Publicador de contidos

Álex Martín e Nico Serrano poderían debutar co Rácing diante do Oviedo

Álex Martín e Nico Serrano poderían debutar co Rácing diante do Oviedo

"O primeiro é garantir a permanencia e logo soñar", segue mantendo no seu discurso Cristóbal Parralo

G24.gal 19/01/2024 13:17

Cristóbal confirmou a presenza do central Álex Martín e do mediapunta Nico Serrano na lista de convocados para o partido do Rácing diante do Oviedo na Malata (sábado, 21:00 horas). 

Os dous poderían debutar no encontro da segunda xornada desta segunda volta. Cristóbal amosouse moi ledo por estas dúas incorporacións e pola situación do equipo na clasificación. Pero o adestrador non perde de vista cal é o obxectivo da entidade. "Non quero que pareza falta de ambición pero hai que ser conscientes de que o primeiro obxectivo é a permanencia e logo poderemos soñar". 

O adestrador xienense tamén está preocupado polo céspede da Malata. Recoñeceu que o mira todos os días e que é un problema para o equipo "non poder adestrar nel" ao longo de toda a semana. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade