Publicador de contidos

Publicador de contidos

Álex López: "O partido vale tres puntos, pero é especial"

Álex López: "O partido vale tres puntos, pero é especial"

Haberá un cheo histórico na Malata

Foto Racing Ferrol
G24.gal 12/04/2023 14:10 Última actualización 12/04/2023 14:15

As inercias do campionato e as certezas do calendario meten o partido entre Racing e Deportivo nun dos chanzos máis elevados da competencia futbolistica dos últimos anos entre equipos galegos.

Álex López: "O partido vale tres puntos, pero é especial".

Tres puntos de alto valor para o último treito da liga regular que se van xogar na Malata co Racing doente tras a derrota en Mérida e co desquite da ida en Riazor tamén interiorizado. Na Malata haberá un cheo histórico:

Manu Justo: "É espectacular que non queden entradas a golpe de martes".

Manu Justo, con 10 goles, máximo realizador do equipo ferrolán, quedou sen marcar no partido da Coruña. Un choque en que os de Parralo non xogaron ben, perderon por dous a cero e serviu de vieiro para a segunda volta.

A experiencia nos derbis de Álex López, con galóns abondo na súa casaca de capitán, prognostica para o domingo un partido igualado no que volverán decidir os pormenores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade