Publicador de contidos

Publicador de contidos

Álex Bergantiños: "Por desgraza, é a terceira temporada que temos que vivir este partido"

Álex Bergantiños: "Por desgraza, é a terceira temporada que temos que vivir este partido"

O capitán: "Para saír hai que gañar estes partidos. O fútbol é presente"

Foto @RCDeportivo
G24.gal 21/09/2022 13:52 Última actualización 21/09/2022 14:12

O Deportivo prepara o partido de Balaídos contra o Celta B cun plus de intensidade. Así o sinalou Álex Bergantiños a tres días do encontro do sábado (18:00 horas, G2).

"O xogador que vén novo e os que somos de Coruña xa o palpamos. É un partido diferente, e máis se se vive coa tensión do ano pasado. Imos a un estadio de Primeira. É un partido distinto é importantísimo para a nosa afección. O vestiario está motivadísimo para o sábado polo rival, e porque vimos dun empate e queremos mellorar para subir á zona alta da clasificación, que é onde queremos estar", explicou o capitán deportivista.

O veterano futbolista deulle a volta á preocupación de moitos afeccionados polas dúbidas deste inicio de campionato.

"Todos coñecemos o privilexio do que significa o Dépor e sempre vai haber esixencia. Tentámoslla transmitir aos que chegaron. E máis nesta categoría na que somos favoritos. É bo que haxa preocupación, porque iso significa que a xente está enchufada. A xente aquí vive para o Dépor e é algo que che apaixona. Nós temos que estar alerta coa cabeza fría para mellorar. Que a xente estea preocupada é bo", insistiu.

O capitán reflexionou sobre a situación do Dépor:

"Por desgraza é o 3º ano que estamos nesta categoría e xogar este partido, como deportivista é un escenario que non gusta vivir".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar