Cargando resultados...
Álex Bergantiños: "Pídolle á afección que non deixe caer o Dépor"
G24.gal
11/06/2022 23:12
O capitán Álex Bergantiños era un dos xogadores máis afectados polo desenlace da fase de ascenso. Álex deixou mensaxes moi claras: "O único activo real que ten o Deportivo é a súa afección", asegurou o coruñés que recoñeceu: "Levan anos de non recibir nada a cambio de dar moito". Por último quixo facer un chamamento para pedir "que non deixen caer o Deportivo" ao recoñecer que é un sentimento que vai máis aló do fútbol".