Alertan da desaparición dun veciño de Lalín de 43 anos de idade
Óscar Gil ten o pelo cano, ollos castaños é de complexión delgada e vestía nese momento cazadora azul mariño, pantalón azul e unha camisa gris
No caso de que algunha persoa o localice pode chamar aos teléfonos 642 650 775 e 649 952 957

A familia de Óscar Gil Otero, de 43 anos e veciño de Lalín, alerta da súa desaparición desde a tarde deste luns.
Segundo estas mesmas fontes, debía ir buscar o seu fillo pequeno arredor das 20:30 horas, pero dirixiuse á rúa Garda Civil, aparcou o coche en fronte do domicilio onde reside a súa exmuller e desapareceu sen deixar rastro.
Óscar Gil ten o pelo cano, ollos castaños é de complexión delgada e vestía nese momento cazadora azul mariño, pantalón azul e unha camisa gris.
En caso de que algunha persoa o localice pode chamar aos teléfonos 642 650 775 e 649 952 957.
🆘 DESAPARECIDO#desaparecido #sosdesaparecidos #Missing #España #Lalín #Pontevedra pic.twitter.com/qKDYk9U2GD
— ALERTA DESAPARECIDOS (@sosdesaparecido) December 6, 2022