Alerta por seca nos concellos de Nigrán, Baiona e parte de Vigo
Amplíase tamén a prealerta por seca na zona do río Verdugo, toda a costa de Pontevedra, ría de Vigo e de Baiona
A Oficina Técnica da Seca celebrada este venres declara a situación de alerta por seca en todos os concellos que reciben subministración de auga dos encoros de Zamáns e Baíña: son Nigrán, Baiona e unha parte de Vigo.
Tamén seguen en prealerta por escaseza de auga os concellos que se abastecen do río Verdugo, as rías de Vigo e Baiona e a costa de Pontevedra.
Os ríos levan este ano moita menos auga do habitual, calcúlase que un terzo menos do que foi o caudal normal nos últimos dez anos.
No que se refire á ocupación actual dos encoros de abastecemento da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa sitúase, a data 19 de setembro, no 61,58 %, un 13 % inferior á ocupación da media histórico e un 17 % inferior aos valores de 2021.
NOTICIA EN AMPLIACIÓN