Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alcoa di que a situación da planta de San Cibrao "é moi difícil", pero descarta o peche ante a Xunta

Alcoa di que a situación da planta de San Cibrao "é moi difícil", pero descarta o peche ante a Xunta

Directivos da multinacional reúnense co presidente Alfonso Rueda para analizar o futuro da fábrica da Mariña

G24.gal 11/12/2023 18:48 Última actualización 11/12/2023 19:03

A mesa de seguimento de Alcoa reunirase este venres despois de que a Xunta lle reclamase ao Goberno un encontro a catro bandas coa empresa e sindicatos logo do anuncio da multinacional de que vai paralizar os investimentos comprometidos para a planta da Mariña. A dirección de Alcoa descarta, segundo o Goberno galego, despedimentos ou pechar a fábrica de San Cibrao polo momento, pero avisa de que a situación económica da planta é moi difícil.

O presidente da Xunta Alfonso Rueda e a conselleira de Economía, Industria e innovación María Jesús Lorenzana reuníronse este luns en Santiago con directivos da multinacional de aluminio para analizar o futuro da factoría da Mariña. Nun comunicado, Alcoa fala de condicións insostibles nas operacións da planta, pero a Xunta asegura que lles trasladan que non teñen unha decisión tomada.

"Isto non supón no momento actual que vaian realizar ningún procedemento nin de despedimento colectivo nin de peche nin de venda da fábrica", explicou María Jesús Lorenzana tras o encontro.

A Xunta ofrece colaboración á empresa, á que lle pide transparencia cos traballadores. Tamén lle esixe ao Goberno central medidas para abaratar o prezo da enerxía e equiparalo a outros países da Unión Europea. Lorenzana explicou que outras demandas de Alcoa son parques eólicos como os que están actualmente paralizados pola Xustiza.

"Aquí será fundamental o papel da administración do Estado en tanto teña sensibilidade de facer esas medidas específicas para as empresas electrointensivas que permitan evitar o desmantelamento de empresas como Alcoa", afirmou a conselleira de Economía.

Alcoa solicita a colaboración das administracións para buscar unha solución a longo prazo para a planta de San Cibrao.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar