Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alcoa agarda que a Xunta e o Goberno colaboren para axilizar os eólicos

Alcoa agarda que a Xunta e o Goberno colaboren para axilizar os eólicos

Agardan que estean funcionando para xullo do 2024

G24.gal 27/05/2022 17:26

A Xunta vai axilizar a tramitación dos parques eólicos vinculados ao acordo para pór en marcha de novo a planta de aluminio de Alcoa. Os traballadores, que hoxe se reunían co vicepresidente primeiro da Xunta, agardan para o rearranque da planta contar con enerxía renovable, pero din que tamén será necesario establecer un prezo da luz competitivo.

Así llo trasladarán ao Goberno, ao que a Xunta tamén lle pide un plan de recuperación para as industrias electrointensivas.

O presidente do comité fixo un chamamento a ambas as administracións para que arrimen o ombreiro e fagan as xestións necesarias para poñer “a funcionar canto antes os parques eólicos que sexan legais”.

Lembrou que a planta de aluminio primario necesita unha subministración en base de 183 MW cando estea en funcionamento o 100 % das cubas de electrolisis, que neste momento están paradas.

“Esperamos dispor desa subministración de enerxía, con fontes renovables, a partir de xullo de 2024, que é cando está previsto que estean a funcionar todas as cubas da planta de aluminio de San Cibrao”, para converter a fábrica mariñá nunha das principais produtoras de “aluminio verde de Europa”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos