Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Alcaraz vence a Medvedev e espera rival na final de Pequín
Xogará contra o vencedor da outra semifinal, entre o vixente campión e número un mundial, o italiano Jannik Sinner, e o tenista local Bu Yunchaokete
 Foto EFE
                        Foto EFE
            
                            G24.gal
                        
                            01/10/2024 12:33
                        
                        
                                Última actualización 01/10/2024 12:36
                        
                        
                    
                    O tenista español Carlos Alcaraz dobregou este martes o ruso Daniil Medvedev por 7-5 e 6-3 para avanzar ata as finais do Aberto de China, disputado na capital do xigante asiático.
O murciano, segundo cabeza de serie, venceu o moscovita en 1 hora e 27 minutos na pista central do complexo tenístico pequinés, para alcanzar o último choque do torneo chinés, onde se enfrontará ao vencedor da outra semifinal, entre o vixente campión e número uno mundial, o italiano Jannik Sinner, e o tenista local, Bu Yunchaokete (n. 96).
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
            
                 
            
         
            
        