Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alcaraz pasa por riba de Musetti e chega aos cuartos de Roland Garros

Alcaraz pasa por riba de Musetti e chega aos cuartos de Roland Garros

Comezou perdendo o primeiro set 0-2, pero despois non viu diante o seu rival (6-3, 6-2, 6-2)

G24.gal 04/06/2023 20:01

Carlos Alcaraz camiña con paso firme en Roland Garros. Tiña o primeiro exame serio ante o italiano Musetti e resolveuno do mellor xeito. Comezou o partido perdendo o seu servizo e 0-2 abaixo. Un espellismo. De seguida comezou o murciano a xogar o seu habitual tenis e acabou pasándolle por riba ao rival. 

O primeiro set acabou cun 6-3. Foi o máis axustado de todos. Os dous seguintes acabaron cun dobre 6-2. Case sen desgaste continúa en París a gran baza do tenis español para gañar na Philippe Chatrier. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade