Cargando resultados...
Alcaraz derrota a Sinner e métese na final de Indian Wells
Xogará contra Medvedev e un triunfo devolveo ao primeiro posto da clasificación mundial
G24.gal
19/03/2023 10:44
Carlos Alcaraz xogará a final de Indian Wells diante do ruso Medvedev despois de derrotar a Jannik Sinner. O italiano púxolle as cousas moi difíciles no primeiro set e acabou perdendo o segundo diante do poderío do tenista murciano.
Alcaraz, de 19 anos, gañoulle ao rival de 21 por 7-6 e 6-3 en unha hora e 52 minutos e meterse na final do primeiro Masters 1000 da temporada.
Logo de perder en 2022 nas semifinais diante de Rafa Nadal, Alcaraz no só terá a opción de coroarse no deserto californiano. Tamén recuperará o número un do mundo, arestora nas mans de Novak Djokovic.