Cargando resultados...
Carlos Alcaraz rematará o ano coma número 1 do mundo
O murciano derrotou a Mussetti , accede ás semis das ATP Finals e garante rematar o 2025 coma líder do Ranking ATP
Evita enfrontarse a Jannik Sinner nas semifinais de Turín
@EFE
G24.gal
13/11/2025 22:03
Carlos Alcaraz superou ó italiano Lorenzo Musetti (6–4 e 6–1), e accede ás semifinais das Finais ATP coma primeiro de grupo e rematará o 2025 co número 1 do mundo no ranking ATP.
Espera rival para as semifinais. Tras gañar hoxe evita a Sinner e medirase ó gañador do partido entre o alemán Alexander Zverev e o canadiano Félix Auger-Aliassime. O australiano Alex de Miñaur pasou coma segundo no grupo do tenista español tras gañar hoxe a Fritz e beneficiarse da vitoria de Alcaraz sobre Musetti. Espéralle na final o tenista local Jannik Sinner.