Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carlos Alcaraz non pode con Sinner, que se fai coas ATP Finals (7-6, 7-5)

Carlos Alcaraz non pode con Sinner, que se fai coas ATP Finals (7-6, 7-5)

O italiano desquitouse da final do Aberto dos Estados Unidos

O murciano remata a temporada como número un do mundo

Foto: EFE Foto: EFE
G24.gal 16/11/2025 20:31

Janik Sinner amosou a súa superioridade baixo teito, na súa "casa" de Turín, e fíxose coas ATP Finals na súa terceira final consecutiva, diante dun Carlos Alcaraz que non puido acabar coa seca española neste torneo.

O partido respostou ás expectativas desde o comezo, cos dous xogadores intercambiando golpes e facéndose co seu servizo. Houbo unha interrupción no cuarto xogo por un incidente na bancada pero, malia aos moitos minutos de interrupción, a dinámica non cambiou ata o 6-6 que levou a manga á morte súpeta. Iso si, Carlos Alcaraz tivo unha bóla de set que non aproveitou. No desempate, os dous xogadores si conseguiron facer dano ao resto, pero Sinner estivo máis tinado e levou o set por 7-4.

Desquitouse o murciano no primeiro xogo do segundo, rachándolle o servizo a Sinner, e confirmando despois co 2-0. Pero Sinner volveu rexurdir e, baseado na fortaleza do seu xogo, deulle a volta á quenda e acabouna levando tamén por 7-5, rachando o último servizo de Alcaraz e evitando un novo tie break.

O italiano desquítase da final do Aberto dos Estados Unidos e confirma a súa fortaleza a cuberto diante do seu público. Polo menos, Alcaraz remata a temporada como número un do mundo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar