Alcaraz-Sinner, final de altura das ATP Finals
O murciano, número un do mundo, eliminou a Augier-Aliassime
Jannik Sinner venceu a de Miñaur e busca o desquite
Xa temos servida a final do torneo de mestres de Turín, o gran partido entre os dous grandes dominadores do tenis actual. Enfróntanse esta tarde o número un da temporada, Carlos Alcaraz, e o número dous, o local Jannik Sinner.
Alcaraz derrotou na semifinal a Felix Auger-Aliassime por un resultado de 6-2 e 6-4, e meteuse nunha nova final. Nela intentará ser o terceiro español que se convirta en mestre, despois de Orantes e de ÁLex Corretja.
Na final xa agardaba o índolo local, un Janik Sinner que atravesa un gran momento baixo teito, con 30 triunfos seguidos e que, ademais, xoga na casa en Turín. Na semifinal desfíxose de De Miñaur por un resultado de 7-5 e 6-2. O italiano non lle deu opción ao seu rival, segue sen ceder un set e meteuse na súa terceira final consecutiva das ATP Finals.
Esta vai ser a oitava vez que se enfronten os dous mellores tenistas nunha final. Este ano disputaron seis. Nas máis importantes, as de Grand Slam, Alcaraz impúxose en dúas, a de Roland Garros e a do Aberto dos Estados Unidos. E Sinner levou a de Wimbledon. En Turín está todo listo para outro partido para a historia.