Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alberto Quiles será operado por unha dobre fractura no pómulo

Alberto Quiles será operado por unha dobre fractura no pómulo

A recuperación do dianteiro levará un mínimo de catro semanas

G24.gal 01/05/2023 16:04 Última actualización 01/05/2023 18:23

Malas novas sobre a lesiín de Alberto Quiles. O seguinte é o parte médico do Deportivo:

Os Servizos Médicos do Real Club Deportivo, que dirixe o doutor Carlos Lariño, confirmaron que Alberto Quiles sofre unha dobre fractura do seo maxilar e do chan da órbita a consecuencia da patada que recibiu onte no Nuevo Arcángel de Córdoba.

O dianteiro andaluz, que regresou á Coruña co resto da expedición deportivista, será valorado nas próximas horas no Hospital Quirón Salud A Coruña polo cirurxián maxilofacial Álvaro García-Rozado, que, de acordo cos médicos brancos e azuis, establecerá a folla de ruta para a súa recuperación.

A recuperación do dianteiro levará un mínimo de catro semanas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos