Publicador de contidos

Publicador de contidos

Albert Oliver: "Valencia está necesitado, pero o Obradoiro, máis"

Albert Oliver: "Valencia está necesitado, pero o Obradoiro, máis"

O base catalán confía en prolongar en terras levantinas o bo partido realizado ante Burgos

Loou o arsenal ofensivo que posúe o equipo que adestra Joan Peñarroya

Retorna a pista onde xogou tres temporadas entre 2006 e 2009

G24.gal 22/12/2021 19:23

O xogador do obradoiro Albert Oliver xogou onte 'Ao contraataque'. O base valorou as opcións do equipo santiagués na pista do Valencia Basket no partido que disputan esta noite e que significará o reencontro do catalán co que foi o seu equipo hai doce temporadas:

"Valencia xoga as súas opcións de estar na fase final da Copa do Rei. Na casa, en liga, soamente gañaron un partido. Certo é que pasaron pola covid-19 xusto antes de enfrontarse ao Breogán. Eles están necesitados pero o Obradoiro máis. Teñen moi boa man dende a liña de tres puntos, moitas armas ofensivas e xoga moi ben. Esperamos facer un bo partido e poñerlle as cousas difíciles. Sempre é especial volver onde estiven é máis se é Valencia onde naceu o meu primeiro fillo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar