Albares anuncia que o activista hispanopalestino da Flotilla voa cara a España
A Flotilla confirmou a liberación de Abukeshek e de Ávila tras "seis días brutais" detidos en Israel
Horas antes, Israel anunciara a deportación dos sous activistas
Europa Press /Marco Di Gianvito
O ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel Albares, confirmou que o activista hispanopalestino Saif Abukeshek "voa xa libre cara a España" e agradeceu o labor da embaixada española en Israel, Atenas e do equipo de Exteriores do Ministerio.
"O noso compatriota Saif Abukeshek voa xa libre cara a España, onde se reunirá coa súa familia e seres queridos nas próximas horas", avanzou Albares na rede social X, onde puntualizou que "protexer os españois é a prioridade absoluta".
Nuestro compatriota Saif Abukeshek vuela ya libre hacia España, donde se reunirá con su familia y seres queridos en las próximas horas.
— José Manuel Albares (@jmalbares) May 10, 2026
Agradezco la labor de la @EmbEspIsrael, la @EmbEspAtenas y el equipo @MAECgob.
Proteger a los españoles es la prioridad absoluta.
O Ministerio de Asuntos Exteriores israelí asegurou este domingo pola mañá ter deportado o activista hispanopalestino Saif Abukeshek e o seu compañeiro brasileiro Thiago Ávila, membros da Flotilla Global Sumud encarcerados en Israel desde hai máis dunha semana.
Tamén a Flotilla Global Sumud confirmou a liberación de Abukeshek polas autoridades israelís "tras seis días brutais" detido nunha prisión do sur do país.
Na mesma liña, o centro pro dereitos humanos Adalah, que representa legalmente os dous activistas, recibiu a "confirmación oficial" da súa liberación por parte das autoridades israelís.
"Aínda que agora están libres, Adalah condena todo o proceso como unha flagrante violación do dereito internacional. Desde o seu secuestro en augas internacionais ata a súa detención ilegal en total illamento e os malos tratos aos que foron sometidos", indicou o centro legal nun comunicado
Ademais, agregou que o "uso da detención e o interrogatorio" contra activistas e defensores dos dereitos humanos é "un intento inaceptable" por parte de Israel de "reprimir a solidariedade global cos palestinos en Gaza".