Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda defende una Europa "descentralizada" na que as comunidades xestionen os fondos

Rueda defende una Europa "descentralizada" na que as comunidades xestionen os fondos

O presidente reivindicou o importante papel que xogaron os fondos europeos na construción dunha Galicia "competitiva e de vangarda" 

Tamén explicou que nas últimas catro décadas Galicia escalou 20 puntos na súa converxencia coa UE en PIB per cápita; aumentou a esperanza de vida, de 76 a 84 anos; e sumáronse 1.200 quilómetros máis de vías de alta capacidade

G24.gal 09/05/2026 15:55 Última actualización 09/05/2026 16:14

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defende a xestión descentralizada dos fondos europeos no próximo marco financeiro que se está negociando en Bruxelas para o periodo 2028-2033.

O xefe do Goberno galego presidiu este sábado o acto organizado pola Xunta no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago para conmemorar os 40 anos de financiamento da Unión Europea coincidindo co Día de Europa, que se celebra cada 9 de maio.

Durante a súa intervención, Alfonso Rueda reivindicou o importante papel que xogaron os fondos europeos na construción dunha Galicia "competitiva e de vangarda" e defendeu a xestión que fixo a comunidade do cartos comunitarios para modernizar a economía e as infraestruturas.

Explicou que nas últimas catro décadas Galicia escalou 20 puntos na súa converxencia coa UE en PIB per cápita; aumentou a esperanza de vida, de 76 a 84 anos; e sumáronse 1.200 quilómetros máis de vías de alta capacidade.

O presidente da Xunta falou tamén dos retos ante os desafíos xeopolíticos actuais, ante os que reclama unha Europa que defenda a soberenía alimentaria ou enerxética. Nesa liña dixo que a Xunta traballa en Bruxelas o próximo Marco Financeiro Plurianual (MFP) teña en conta as necesidades de Galicia, cunha Política Agraria Común (PAC) e Política Pesqueira Común (PPC) suficientes e que garantan todas as posibilidades de ambos sectores.

“Neste momento é cando máis hai que insistir nunha Europa descentralizada e nunha Europa que lle dea ás administracións como as comunidades autónomas a capacidade para xestionar os fondos”, resaltou o presidente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos