Publicador de contidos

Publicador de contidos

Israel bombardea os suburbios de Beirut por primeira vez desde o cesamento do fogo

Israel bombardea os suburbios de Beirut por primeira vez desde o cesamento do fogo

Netanyahu di que o obxectivo era un suposto comandante de Hizbulá

O primeiro ministro libanés reiterou que a volta ao diálogo requirirá unha previa "consolidación" do cesamento de hostilidades

REUTERS/Mohamed Azakir REUTERS/Mohamed Azakir
G24.gal 06/05/2026 19:49 Última actualización 06/05/2026 20:18

 O primeiro ministro israelí, Benjamín Netanyahu, confirmou nun comunicado que o Exército israelí atacou este mércores Beirut co obxectivo de asasinar o comandante das forzas de elite Radwan de Hizbulá.

"As Forzas de Defensa de Israel (FDI) atacaron o comandante da unidade Radwan da organización terrorista Hizbulá en Beirut para neutralizalo", detalla o texto difundido pola súa oficina, conxuntamente co Ministerio de Defensa.

"Ningún terrorista goza de impunidade: o longo brazo de Israel acadará a todo inimigo e asasino", engade a nota sobre o que é o primeiro ataque contra a capital libanesa desde o fráxil alto o fogo entre ambos países o pasado 16 de marzo.

Netanyahu confirmou este ataque despois de convocar o seu gabinete de seguridade para unha reunión este mércores, e despois de asegurar nunha videomensaxe que falará de novo esta noite co presidente dos EUA, Donald Trump.

O ataque tivo lugar nos suburbios sur de Beirut coñecidos como o Dahye.

Pese ao cesamento de hostilidades acordado polo Líbano e Israel a mediados do mes pasado, as forzas israelís. continuaron atacando a diario o sur do Líbano e demoleron un gran número de vivendas nas zonas que ocupan nesa rexión, con algún bombardeo tamén no oriental Val da Bekaa.

Con todo, desde a entrada en vigor da tregua a medianoite do 16 ao 17 de abril, non acadaran ata o momento os suburbios de Beirut, que si foron golpeados con forza durante o conflito.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade