Albares afirma que a UE e a OTAN garanten a seguridade fronte á chantaxe gasística
Albares afirma que a UE e a OTAN garanten a seguridade fronte á chantaxe gasística
Catro ministros na Asemblea Parlamentaria da OTAN que se celebra en Madrid
España reitera que seguirá traballando para que a paz volva canto antes a Ucraína
O goberno español asegura que UE e a OTAN traballan para garantir a seguridade das infraestruturas críticas, tras confirmarse que a explosión rexistrada nos gasodutos Nord Stream foi un atentado. O ministro de Exteriores, José Manuel Albares, dixo, na asemblea parlamentaria da Alianza Atlántica, que Europa non pode estar sometida á chantaxe gasística de ninguén.
O ministro de Exteriores participou, xunto aos titulares de Presidencia, Economía e Defensa, na asemblea parlamentaria da OTAN, que reuniu en Madrid 269 parlamentarios dos 30 países membros e dun cento de países asociados e das oito delegacións de observadores. Albares mostrou a súa preocupación pola situación que se vive en Ucraína ante un inverno que se prevé duro e difícil e condenou os intentos de determinados países e organizacións por converter o gas e a enerxía nunha arma.
"E isto é inaceptable, e Europa non pode quedar sometida á chantaxe gasísitica de ninguén, as infraestruturas críticas teñen que estar protexidas e o que dixen reafírmoo hoxe, tanto a UE coma os aliados na OTAN estamos concertados para garantir a seguridade de todas as infraestruturas críticas".
Na súa intervención, a ministra de Defensa anunciou o envío de máis material militar á zona de guerra. O titular da Presidencia destacou que España é o quinto país da UE que máis refuxiados ucraínos acolleu e a vicepesidenta primeira afirmou que a paz é o instrumento máis importante da política económica.