Publicador de contidos
Publicador de contidos

Air Europa cancela 14 voos, dous en Galicia, na primeira das xornadas de folga dos pilotos

Air Europa cancela 14 voos, dous en Galicia, na primeira das xornadas de folga dos pilotos

Os pilotos teñen convocados 7 días máis de paro

G24.gal 22/05/2023 14:00 Última actualización 22/05/2023 14:06

Comezan unha nova folga os pilotos de Air Europa. Este luns suspendéronse 14 voos das súas conexión nacionais e internacionais.

En Galicia, esta primeira xornada da segunda quenda de paros afectou o enlace con Madrid, ida e volta, desde o aeroporto da Coruña.

Os paros en protesta polo bloqueo das negociacións do convenio colectivo continuarán os días 23, 25, 26, 29 e 30 de maio e 1 e 2 de xuño. En total suspenderanse 14 voos nas rutas que unen Madrid con Galicia, Bilbao, Palma, Málaga, Roma, Milán, París e Portugal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade