Joseph Aidoo, o central dos goles no último minuto
É o terceiro gol que marca co Celta, todos conseguidos esta temporada, e, ao igual que contra o Xetafe, chegou no derradeiro intre do partido
Aidoo marcou o gol decisivo dun partido con sabor a permanencia. Así o celebrabou o Celta e así o ve o capitán Hugo Mallo, con 39 puntos no peto.
Foi máis difícil do agardado gañarlle o pechacancelas. O Celta saiu con determinación, Hugo Mallo e Tapia tiveron as ocasións máis claras pero non consegiu marcar. E o Elxe veuse arriba e puxo en máis dun apuro a Iván Villar. Avanzado o segundo tempo o Celta pediu penalti sobre Carles Pérez. O VAR avisou o árbitro pero mantivo o criterio de non asubiar a pena máxima. Os xogadores de refresco, Strand Larsen e Miguel Rodríguez tiveron as súas ocasións pero tamén o Elxe puido levar premio nalgunha contra.
Pero no minuto novente a ao centro de Cervi entrou como un avión Aidoo. É o terceiro que marca esta temporada, os tres de cabeza. E iso que desde o banco lle estaban pedido ó central ghanés que baixara á súa posición para defender.