Agride cun sacarrollas un policía fóra de servizo que apoiaba unha identificación en Ourense
O agresor foi detido e posto a disposición xudicial
Os veciños aseguran que as leas na zona histórica son cada vez máis frecuentes
Novo episodio de violencia na zona histórica de Ourense, onde se congrega o ocio nocturno da cidade, que se saldou cun policía nacional fóra de servizo ferido.
O incremento de altercados violentos na zona xa foi denunciado polos membros da asociación de veciños O Cimborrio, que prefiren falar de costas por medo a represalias.
Aseguran que non son os únicos que teñen medo, din que nin a policía ten valor para patrullar a pé polas rúas.
Demandan mais presenza policial e o traslado dos negocios de ocio nocturno ás aforas da cidade. O agresor, xa coñecido polas forzas de seguridade, foi detido e posto a disposición xudicial.