Publicador de contidos

Publicador de contidos

A pandemia agrávase en Europa e as autoridades científicas piden cautela

A pandemia agrávase en Europa e as autoridades científicas piden cautela

A inmunóloga África González defende a vacinación masiva en todo o mundo

España está no 80 por cento de vacinados, fronte ao 32 por cento de Rusia

 

G24.gal 07/11/2021 14:19

As autoridades científicas reiteran os chamamentos á prudencia porque o virus segue circulando e pode mutar e xerar novas variantes máis contaxiosas e incluso máis letais. 

O número de contaxios segue aumentando en Europa e na Organización Mundial da Saúde xa advertiron de que nos próximos tres meses poderían rexistrarse medio millón de mortes no continente.

O ritmo de vacinación baixou en países como Francia ou Alemaña: están por baixo do 70 por cento da poboación, fronte ao 80 por cento de España. En Rusia, só o 32 por cento está vacinado. África González, catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo, avoga pola prudencia.

"Sigamos con cautela, que seguimos vendo que o virus segue circulando; temos virus preto, en países da contorna onde o virus está circulando moito, e a xente que non se vacinou, que non o dubide e que se vacine".

Insiste en que a vacinación masiva en todos os países do mundo é fundamental, porque mentres o virus siga circulando pode mutar e poden aparecer novas variantes máis virulentas.

"Nalgúns casos é por un tema económico, temos que axudar economicamente mandando vacinas ou permitindo que poidan mercar vacinas estes países en vías de desenvolvemento".

África González non cre que a poboación xeral precise unha dose de reforzo, que xa se lles está a poñer a maiores de 80 anos, e propón que esas vacinas se envíen aos países que non as teñen.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade