Publicador de contidos

Publicador de contidos

Agónica vitoria do Leyma Coruña que o achega á Liga ACB

Agónica vitoria do Leyma Coruña que o achega á Liga ACB

Gañaron na prórroga ao Oviedo (78-83) e poderían estar a só un triunfo de ascender á máxima categoría

G24.gal 28/04/2024 10:26

O Leyma Coruña achégase un pasiño máis á ACB. Gañou na pista do Oviedo nun partido moi disputado e igualado. O equipo ovetense mesmo tivo un lanzamento de tres puntos no último intre dos corenta minutos pñero Horton fallou a tripla que podería ter evitado a prórroga (74-74).

Nese tempo suplementario os de Diego Epifanio acadaron un parcial de 4-9 para vencer 78-83 liderados por Jakovics, con 20 puntos e 28 de valoración, e Huskic, que achegou 15 puntos e apañou 8 rebotes.

Quedan dúas xornadas para rematar a liga e o Leyma seguirá cun triunfo de vantaxe sobre os seus perseguidores. Mesmo lle podería chegar cunha soa vitoria máis sempre e cando nun hipotético empate final á fronte da clasificación non estea en solitario co San Pablo Burgos. No resto de dobres ou triplas igualadas sairía beneficiado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar