Publicador de contidos

Publicador de contidos

Agónica clasificación do Cangas para a fase final da Copa do Rei

Agónica clasificación do Cangas para a fase final da Copa do Rei

Un gol de Moisés Simes seis segundos antes do final deulle o pase ao equipo galego

Chegou a ter unha vantaxe de oito goles, pero a eliminatoria decidiuse no último minuto

G24.gal 15/02/2022 22:09

O Frigoríficos do Morrazo segue a facer unha temporada para a historia e acadou a clasificación para a fase final da Copa do Rei dun xeito agónico. Eliminou o Bada Huesca cun gol de Moisés Simes a seis segundos do final. 

Os de Nacho Moyano fixeron un gran partido desde o comezo. Colleron o mando do partido e puxéronse con cinco goles de vantaxe mediado o primeiro tempo (12-7), unha diferenza que mantiveron ata o descanso (19-13). 

O Balonmán Cangas chegou a ter unha máxima de oito goles (23-15) pero o Bada Huesca nunca deu a eliminatoria por perdida e meteuse no partido a quince minutos para o final (25-23). Un parcial de 4-0 deulle outro respiro ao Frigoríficos que volveu a unha vantaxe de seis goles (31-25). 

Parecía tranquilizadora, pero nada máis lonxe da realidade. A minuto e medio para o final culminaba un parcial de 0-6 para empatar (31-31). Ademáis superaba os 30 goles do Cangas na ida co que o conxunto galego precisaba marcar dous goles. Santi López fixo o 32-31. E seis segundos antes do final Moisés Simes ergueu a toda a bancada co definitivo 33-31. 

Antequera acollerá a fase final da Copa a finais do mes de marzo na que estará o Cangas Frigoríficos do Morrazo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos