Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un derrubamento corta a estrada entre Folgoso do Courel e Quiroga

Un derrubamento corta a estrada entre Folgoso do Courel e Quiroga

Preto do lugar hai unha louseira, que tamén se viu afectada polo derrubamento

Non houbo vítimas e hai varias fendas que indican a inestabilidade do terreo

G24.gal 20/03/2022 21:13

Boa parte do monte derrubouse sobre a vía, que está interrompida. O treito afectado pode superar os douscentos metros e pouco antes do burato xa hai unhas fendas ao longo da estrada que advirten que o terreo é inestable. A estrada, que une os concellos lucenses do Courel e Quiroga, quedou cortada.

A poucos metros hai unha louseira, e parece que unha das galerías tamén se viu afectada polo derrubamento. No momento en que ocorreu non había ninguén pola zona. 

Foi un susto, e agora os esforzos céntranse en que non continúe caendo máis monte. Con todo, non é a primeira vez que suceden derrubamentos deste tipo. 

A vía fora reformada no 2009. Como alternativa os veciños agora terán que usar a estrada de Vidallón.

Publicidade
Publicidade
Publicidade