Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatan a tripulación dun pesqueiro dunha armadora de Ribeira que afundiu preto dos Azores

Rescatan a tripulación dun pesqueiro dunha armadora de Ribeira que afundiu preto dos Azores

Os tripulantes do Lajes do Pico, de bandeira portuguesa, conseguiron guindar as balsas salvavidas e ser rescatados por outra embarcación

G24.gal 31/05/2023 09:58 Última actualización 31/05/2023 21:14

A tripulación do pesqueiro Lajes do Pico, de armadora de Ribeira e bandeira portuguesa, que afundiu en augas das illas dos Azores, foi rescatada e posta a salvo.

Os mariñeiros deron lanzado as balsas salvavidas e auxiliounos outro pesqueiro que andaba pola zona, o Algamar, tamén con bandeira lusa.

 

Foto cedida pola Organización de Palangreiros da Guarda Foto cedida pola Organización de Palangreiros da Guarda
Foto cedida pola Organización de Palangreiros da Guarda Foto cedida pola Organización de Palangreiros da Guarda

O patrón maior de Ribeira, José Antonio Pérez, explicaba este mércores á mañá que se trataba dun barco que se dedicaba ao palangre, e que polo momento dispoñían de poucas informacións sobre o sucedido, pero "as boas noticias son que están todos ben".

A Autoridade Marítima Nacional de Portugal non requiriu a intervención de Salvamento Marítimo de España.

O Lajes do Pico é un pesqueiro construído en 1999 e ten unha eslora de 30 metros. A súa tripulación atópase noutro barco rumbo a terra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar