Publicador de contidos

Publicador de contidos

Afloran as librerías de segunda man

Afloran as librerías de segunda man

La Quinta é a librería de segunda man máis antiga de Ourense, abriu as súas portas hai 10 anos.

A librería La Quinta ten un club de lectura e promove encontros con autores ourensáns

G24.gal 10/10/2025 19:45 Última actualización 10/10/2025 21:20

Os libros de segunda man non teñen ese característico cheiro a libro acabado de imprimir, pero si á calor do fogar, porque xa saben o que é estar nun. Os libros que durmían esquecidos en andeis reviven, grazas a librerías coma esta, nas mans de novos lectores.

A librería La Quinta, que abriu as súas portas no barrio da Ponte, en Ourense, hai unha década, foi a primeira da cidade.

"Coa estación do tren tan preto empezaron a vir clientes de Santiago, e logo co AVE, incluso de Madrid", conta a libreira Rita Garrido.

Nas librerías de segunda man non hai conflitos de editoriais. La Quinta é unha librería de consignación. O vendedor trae aquí os libros que xa non quere, Rita fai unha taxación e este recibe unha porcentaxe da venda. 

Moitos clientes buscan obras recentes, pero outros valoran o antigo.

Nestes anos Rita, a libreira, atopou moitos libros con historias e historias gardadas nos libros.

"Nunha ocasión atopei nun vello libro a carta dun home que lle escribía a unha muller pedíndolle que fose a súa moza. Esa carta, descoñecida para o seu neto, está xa nas súas mans".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade