Dúas persoas hospitalizadas por inhalación de fume tras un incendio nunha nave en Santiago
As persoas feridas foron trasladadas ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago tras verse afectadas polo fume

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital por inhalación de fume tras producirse un incendio nunha nave de materiais de construción en Santiago de Compostela.
As persoas feridas foron trasladadas ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago tras verse afectadas polo fume, despois de que ardese esta tarde unha nave na rúa de Vista Alegre.
Foi un particular quen alertou do incendio ao 112 Galicia, que mobilizou a efectivos do corpo de Bombeiros de Santiago, á Policía Nacional, á Policía Local e a Protección Civil.
Unha vez no lugar, os equipos de intervención confirmaron a presenza de dous feridos, polo que se solicitou asistencia médica e informouse ao Servizo de Emerxencias Sanitarias de Galicia-061.
Segundo o propio corpo de Bombeiros, o incendio afectou principalmente o interior da nave, onde se almacenaban diversos materiais de construción.